catrocores
Catrocores é un cuarteto formado por trompistas galegas que levar experimentado durante anos o que é tocar xuntas no seo dunha orquesta sinfónica, decidieron no 2014 extrapolar esa boa conexión sonora ao terreno da música de cámara co fin de achegar a música para esta agrupación a todo tipo de público.
​
Pertenceron a diferentes agrupacións coma a Xove Orquestra da Sinfónica de Galicia, Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia, Xove Orquestra Nacional de España, así como colaboraron con diferentes orquestras e bandas profesionais.
Recorreron Galicia con concertos de diferentes estilos, dende a elegancia do barroco ata o colorido mundo do jazz.
O seu obxectivo é dar a coñecer ao público distintos estilos musicais adaptados ou compostos para este conxunto instrumental tan pouco común ao tempo que experimentan e xogan co abanico de cores sonoras que un instrumento como a trompa lles ofrece.
​

