Catro Cores.jpg
  • Facebook
  • YouTube
  • Instagram

Alma Sarasola Pontón comezou a estudiar trompa con Juan Bernat no conservatorio profesional de A Coruña e finalizou a súa carreira na  Escuela Superior de Música de Catalunya (ESMUC) con Jose Vicente Castelló. Aquí combinou os seus estudos de trompa moderna coa aprendizaxe da trompa natural con Javier Bonet, e tocando en grupos de música antiga da man de Lorenzo Coppola.

 

Gran parte da súa formación débese á Xove Orquesta da Sinfónica de Galicia, á Escola de Altos Estudios Musicais de Santiago de Compostela e á JONDE (Joven Orquesta Nacional de España) que lle deron a oportunidade de traballar con maravillosos profesores como Jordi Ortega, David Bushnell e Mike Garza. Colaborou coa Orquesta Sinfónica de Galicia, aa Orquesta Sinfónica de Castilla y León, Real Filharmonía de Galicia e Orchestre de Cannes.

O seu interese pola docencia comezou no 2013 na Escola de Música de Narón. Posteriormente, a través da Jonde tivo a oportunidade de impartir clases de trompa en Uruguay. Foi profesora no Proyecto Social Abanca Resuena en A Coruña.​

Actualmente, é profesora de trompa no CMUS Profesional de Carballo e membro fundadora do cuarteto de trompas CatroCores e do quinteto de vento InVento.